Biografía
Coñece a FRANSY
1972Nace en Grenoble
FRANSY nace en Grenoble (Francia), filla de emigrantes galegos.1974Volta a Galicia
Chega a Galicia con só dous anos.1982Os primeiros pasos en Xiradela
Comezou a interesarse polo mundo da música e o baile tradicional galego, inquedanza que a levou a ser socia fundadora da A. X. Xiradela de Arteixo. É en Xiradela onde aprende todos os seus coñecementos da música tradicional oral e da danza tradicional, o que a leva tamén a comezar unha investigación folclórica por toda Galicia, con especial incidencia na comarca de Bergantiños.
1986Fundación do grupo de pandeireteiras Xiradela
Froito deste traballo, nace o grupo de cantareiras ” Xiradela” de Arteixo (1986-2002), do que FRANSY foi integrante fundadora e directora durante máis dunha década.Anos 90Etapa docente e colaboracións de referencia
Comezou a súa etapa docente, transmitindo os seus coñecementos sobre a tradición oral galega formando a centos de alumnas e alumnos.
Comeza tamén a colaborar con artistas de referencia. Podemos escoitala xunto ás Cantareiras de Xiradela no disco Pandeireteiras (1998) e Ruta folk Terra Galega (1998), dirixidos por Mercedes Peón; nos discos A Irmandade das Estrelas (1996) e Os Amores Libres (1999), de Carlos Núñez; e en Caminhos (1996), de Dulce Pontes.
1996Premio Arteixás do Ano
Recoñecemento outorgado ás Cantareiras de Xiradela pola súa achega á cultura e á tradición galega.2001"Kan" con Erik Marchand
Álbum “Kan” de Erik Marchand. Colaboración co recoñecido músico bretón, nunha etapa na que comeza a ampliar a súa presenza máis aló de Galicia, con proxectos que a levarán a actuar por Europa e o norte de África.
2002"Xiradela", o disco
Traballo discográfico homónimo do grupo de cantareiras, dirixido musicalmente por Xabier Díaz.2010Masterclass
Comeza a impartir master class en institucións de referencia como o Centre Français du Patrimoine Culturel Immatériel, a Maison des Cultures du Monde, en Vitré (Bretaña francesa), e o Centre Breton d’Art Populaire, en Brest, entre outras.2019Unha nova etapa creativa
Unha nova etapa creativa. FRANSY forma un trío con Davide Salvado e Cibrán Seixo (2019-2024), onde a música de raíz dialoga co violín e o moog. Tamén inicia un dúo con Davide Salvado, no que recuperan o son da festa, do traballo, da intimidade e do ritual das músicas antigas de Galicia, que continúa na actualidade.2021Novos camiños e recoñecementos
Participa no tema «Santa Sabina» do disco CRNDS, primeiro álbum en solitario do compositor e produtor Cernadas, de música electrónica experimental.
Nese mesmo período, o Concello de Arteixo recoñece cunha “Butaca de Honra” do auditorio o seu labor na salvagarda e transmisión do repertorio vocal galego.
2025Estrea de Manhe
En novembro estrea Manhe no Teatro Colón da Coruña, enchendo o teatro nunha presentación moi especial xunto coa Orquestra de Cámara Galega.
2026ArcAtlantic · Dérives sonores
Participa na creación vocal e instrumental de ‘ArcAtlantic-Dérives sonores’, dirixido polo compositor francés Romain Baudoin. Un proxecto que conta coa orquestra contemporánea Ars Nova ensemble, dirixida por Benoit Sitzia, no que se percorre as diferentes músicas tradicionais orais da costa atlántica, que continuará a xirar por Francia no 2027.
Discografía de Fransy
Produción e voz: FRANSY
Arranxos, saxo soprano e dirección musical: Pedro Lamas
Contrabaixo: Antonio Romero Cienfuegos
Violonchelo: Rosalía Vázquez
Letra orixinal: Manuel de Eva
Produción, voz e percusión: FRANSY
Arranxos e saxo soprano: Pedro Lamas
Contrabaixo: Antonio Romero Cienfuegos
Violonchelo: Rosalía Vázquez

