FRANSY, embaixadora en Francia da música galega

30 Abr 2026

FRANSY xirará xunto á orquestra contemporánea Ars Nova ensemble ao longo de 2026 e 2027 como representante de Galicia no proxecto internacional «ArcAtlantic – Dérives sonores», unha creación vocal e instrumental dirixida polo compositor francés Romain Baudoin e interpretada xunto á formación Ars Nova ensemble, baixo a dirección de Benoît Sitzia.

O proxecto, froito dunha residencia artística iniciada en febreiro de 2025 en Pau e continuada en decembro do mesmo ano en Burdeos, explora as diferentes músicas tradicionais de transmisión oral da costa atlántica, trazando unha viaxe sonora desde Galicia ata a Bretaña francesa.

«ArcAtlantic – Dérives sonores» foi presentado mundialmente no Teatro Nacional de Poitiers o pasado 29 de abril e continuará a súa andaina internacional durante 2026 e 2027, con diferentes presentacións programadas en Europa, que levarán novamente a artista galega de xira por Francia como representante da tradición musical de Galicia.

FRANSY coa orquestra Ars Nova ensemble no escenario do proxecto ArcAtlantic

Segue lendo

✕